fía na roca

para visualizar correctamente este contido necesitas

Discos Colectivos
Fía na Roca > Discos Colectivos

37 Festival Interceltique

Carátula do disco 37 Festival Interceltique Fía na roca participa no disco colectivo "37 Festival Interceltique" (Keltia Musique, 2007), onde aparece o seu tema "Outes". Neste disco aparecen os grupos máis representativos que pasaron pola 37ª edición do Festival intercéltico de Lorient.

A parte de Fia na roca aparecen tamén bandas e solistas como Sinéad O'Connor, The Dubliners, Capercaillie, Sharon Shannon ou Dan Ar Braz...

Naciones Celtas

Carátula do disco Naciones Celtas Fía na roca participa no disco colectivo "Naciones Celtas" (Fonomusic, 1997), onde aparece o seu tema "O afiador de Tella" ao lado doutras bandas de Escocia, Irlanda, Gales, Bretaña, Asturias e Galicia.

Celtic Planet

Carátula do disco Celtic Planet Fía na roca participa no disco colectivo "Celtic Planet" (Hearts of Space, 1997), onde aparece o seu tema "Ou sube a terra ou baixa o ceo". O disco supón a primeira incursión de Fía na roca no mercado estadounidense e nel colaboran artistas coma Anuna, Declan Masterson, Davy Spillane, etc...

Bágoas Negras e Marea de música

Carátula do disco Marea de música Fía na roca participa nos discos colectivos "Bágoas Negras" (SGAE, 2003) e "Marea de música" (Boa, 2003), onde aparecen os seus temas "Contravento" e unha nova versión de "Ou sube a terra ou baixa o ceo" respectivamente. Os discos foron editados como consecuencia da catástrofe do petroleiro "Prestige" diante das costas galegas.

A cantar con Xabarín Vol. III e IV

Carátula do disco A cantar con Xabarín Vol. III e IV Fía na roca participa no disco colectivo "A cantar con Xabarín Vol. III e IV - Cada día somos máis" (Boa, 1996), do programa infantil da Televisión de Galicia "Xabarín Club". O tema aportado pola banda leva por título "Danza dos xabaríns" e nel colabora coa súa voz o incrible Tuchiño do famoso grupo rockeiro do barbansa "Heredeiros da Crús".