fía na roca

para visualizar correctamente este contido necesitas ter instalado o plugin de Flash

Discografía
Fía na Roca > Discografía

Quince Maios - 2009

Carátula Quince Maios
  •  Ver datos técnicos
  • Editor:
    Corda Frouxa - Fía na roca C.B.
  • Distribución dixital:
    Lonxa Cultural, S.L.
Sara (Letra e Música: Trad. galega - X. Bueno)

hai un carballo no adro
que dá peras no agosto
e ameixas no mes de maio

Mariano ten un galo
que o trouxo do penedo,
ergue a cresta e baixa o rabo
e Mariano tenlle medo.

Ai! Sara, Sariña
ai! Sara ti es a miña.
A! Sara, Sarón,
ai! Sara do corazón.

Queridiña ergue e vaite
queridiña ergue e vaite,
como me hei de ir queridiña!
como me hei de ir e deixarte!

Ai! Sara, Sariña
ai! Sara ti es a miña.
A! Sara, Sarón,
ai! Sara do corazón.