fía na roca

para visualizar correctamente este contido necesitas ter instalado o plugin de Flash

Discografía
Fía na Roca > Discografía

Quince Maios - 2009

Carátula Quince Maios
  •  Ver datos técnicos
  • Editor:
    Corda Frouxa - Fía na roca C.B.
  • Distribución dixital:
    Lonxa Cultural, S.L.
Imende - (Letra: S. Lebedynski. Música: Tradicional galega)

Camiñando paso lento
hei de chegar
vivo no cabo do mundo
onde está o mar

Muller que falas dos días
que serven para chorar
tempos escuros que habitan
na memoria dos cantares

No recordo da memoria
a miña alma
nos agoiros da distancia
o mar me agarda

Quixera bailar a danza
das sereas
quixera olvidar as augas
que envelenan

Os cantares que recordan
a historia d(e) outra hora
verbas que tinxen o tempo
de momentos que namoran

As mareas vivas que
me traen recordos
fondos de nostalxia
que gardan os pobos

Non hai lume vivo
que apague o vento
non hai anos que
borren o pensamento

As mágoas que me envolveron
no tempo perdidas van
non atopo na miña voz
onde a podo ir buscar

No recordo da memoria
a miña alma
nos agoiros da distancia
o mar me agarda