fía na roca

para visualizar correctamente este contido necesitas ter instalado o plugin de Flash

Discografía
Fía na Roca > Discografía

Vente Vindo - 2007

Carátula Vente Vindo
  •  Ver datos técnicos
  • Editor:
    Corda Frouxa - Fía na roca C.B.
  • Distribución dixital:
    Lonxa Cultural, S.L.
Cantaba ben (Trad.Galega - G.Rodrigues - Fía na roca)

CANTABA BEN

De nova cantaba ben
e agora vella non podo
quen de novo cantou ben
sempre lle vai dando modo

Tanta vida na memoria
tanta vida na palabra
que a alegría de quen sabe
sempre ha de ser cantada

Das ausencias que me matan
son as ansias do que foi
mais a música e o baile
fan mover o corazón

Vaise o tempo, vanse as horas
vaise a miña mocidade
e agora que xa vou vella
gosto moito de bailar

Se cantares ti que cantas
se bailares ti que bailas
un día, unha noite e outra
de saber, saber para todas

Se canto din que estou tola
se choro desesperada
eu canto e bailo soa
non me fas falta para nada