fía na roca

para visualizar correctamente este contido necesitas ter instalado o plugin de Flash

Discografía
Fía na Roca > Discografía

Vente Vindo - 2007

Carátula Vente Vindo
  •  Ver datos técnicos
  • Editor:
    Corda Frouxa - Fía na roca C.B.
  • Distribución dixital:
    Lonxa Cultural, S.L.
Noite negra (Sonia Lebedynski - C.Castro - G.Rodrigues)

NOITE NEGRA

Unha noite, noite negra
como os pesares que eu teño,
noite filla das sombrisas
alas que estenden os medos;
Hora en que cantan os galos,
hora en que xemen os ventos;
en que as meigas bailan, bailan,
xuntas co demo primeiro,

Arrincando verdes robres,
portas e tellas fendendo,
todas de branco vestidas,
tendido los brancos pelos
Contra quen os cans oubean
agoirando triste enterro;
cando relumbrar se miran
antre os toxales espesos,

Ollos de lobo famento,
e os ramallaxes dos montes
antre sí murmuxan quedos,
e as follas secas que espallan
Os aires da noite inquietos,
en remuiños se xuntan
con longo estremecemento,
indo camiño da igrexa,

Rosalía falas hoxe
como nos falabas onte
soia cos teus pensamentos
que nos deixan sen alento.

Soia cos meus pensamentos,
cabo da fonte da Virxe,
pretiño do cimeterio,
dempois de sentir un sopro
Que me deixou sen alento,
eu ben vin estar o moucho
enriba de aquel penedo
eu ben vin estar o moucho.

Rosalía falas hoxe
como nos falabas onte
soia cos meus pensamentos
que nos deixan sen alento..