fía na roca

para visualizar correctamente este contido necesitas ter instalado o plugin de Flash

Discografía
Fía na Roca > Discografía

Vente Vindo - 2007

Carátula Vente Vindo
  •  Ver datos técnicos
  • Editor:
    Corda Frouxa - Fía na roca C.B.
  • Distribución dixital:
    Lonxa Cultural, S.L.
Baile de diaños (Sonia Lebedynski - G.Rodrigues)

BAILE DE DIAÑOS

Xa é tempo de pensar
tempo de imaxinar
a esperanza esvaece
polo lume ou polo mar.
Nas pupilas abraiadas
ai! De quen nos doe a alma
ficará a hora escura
desta terra arrasada

O sangue da terra
que asulaga o corazón
o verde que torna ao ceo
o monte xa se mudou.
Este longo sofremento
compañeiro da memoria
non esqueza os tesouros
desta terra que namora.

Baile de diaños
sobre a nosa terra
sobre a nosa vida
e o antano.

Arrecende á morte
que o inferno debuxou
sexa home ou diaño
non atende á razón.
Neste pobo dividido
pola alma e a traizón
xa é tempo de pensar
tempo de imaxinar.

Baile de diaños
sobre a nosa terra
sobre a nosa vida
e o antano.