fía na roca

para visualizar correctamente este contido necesitas ter instalado o plugin de Flash

Discografía
Fía na Roca > Discografía

Vente Vindo - 2007

Carátula Vente Vindo
  •  Ver datos técnicos
  • Editor:
    Corda Frouxa - Fía na roca C.B.
  • Distribución dixital:
    Lonxa Cultural, S.L.
Cantan os galos (Trad.Galega - Fía na roca)

CANTAN OS GALOS

Cantan os galos ao día
érguete meu ben e vaite
como me hei d(e) ir queridito
como me hei d(e) ir e deixarte

Como me hei d(e) ir e deixarte
que adoecen os sentidos
se o meu amor se che esquece
buscarei no teu olvido

O corazón que nos prende
e nos fai ficar ausentes
non deixa que o río volte
onde nacen as correntes

Onde nacen as correntes
desparece a soidade
non hai terra desde o mar
que non a poda bicar

Onde xuntan ceo e terra
está o mar que bica a area
o meu amor non o levan
ai! As augas da marea

Ai! As augas da marea
as que chegan ao coído
se o meu amor se che esquece
buscarei no teu olvido