fía na roca

para visualizar correctamente este contido necesitas ter instalado o plugin de Flash

Discografía
Fía na Roca > Discografía

Dez Anos ao Vivo - 2003

Fía na Roca. Dez Anos ao Vivo
Baile de pandeiras (Tradicional galega - X.R. Vázquez)

BAILE DE PANDEIRAS

Indo pola fonte abaixo
fiando na miña roca
veu un páxaro do trigo
picoume na mazaroca.
Ai la la la…

Berducido, Berducido,
terriña dos meus amores
mira quen che está rondando
flor do meu corazonhe
Ai la la la…

Onde van aquelas
que van de vermello?
Son as de Granada
van para San Pedro.
Van para San Pedro,
van para San Pedro.
Onde van aquelas
que van de vermello?
Ai la la la…

Onde van aquelas,
vestidas de Branco?
Son as de Granada
que van polo campo.
Que van polo campo,
Que van polo campo
que van polo campo.
Onde van aquelas
vestidas de Branco?
Ai la la la…