fía na roca

para visualizar correctamente este contido necesitas ter instalado o plugin de Flash

Discografía
Fía na Roca > Discografía

Dez Anos ao Vivo - 2003

Fía na Roca. Dez Anos ao Vivo
Cantar da danza (Tradicional galega - X. Bueno)

CANTAR DA DANZA
(Tradicional galega)

Este é o cantar da danza
e o cantar da danza é,
este é o cantar da danza
rapaciños abofé.
Ai la la la la….

O que non canta nen baila
a que ven a foliada?
a contar catro mentiras
para contar na semana.
Ai la la la la …

O lugariño do Couto
de lonxe parece vila,
ten un caravel na entrada
e unha rosa na saída.
Ai la la la la