fía na roca

para visualizar correctamente este contido necesitas ter instalado o plugin de Flash

Discografía
Fía na Roca > Discografía

Dez Anos ao Vivo - 2003

Fía na Roca. Dez Anos ao Vivo
"Os dez (estupendos) anos de Fia na Roca. […] As regras do xogo musical galego fan que os discos en directo parezan un obxectivo imposible. Esixen varias virtudes tan difíciles de atopar como dominar os instrumentos (en directo non vale repetir); ter un repertorio sólido detrás, o que significa anos de traballo serio; e animarse a lidiar cunha produción complicada, que require un local axeitado, unha unidade móbil de gravación e un equipo humano con sabedoria técnica. Todo iso é o que se pode escoitar no disco que Fia na Roca gravou para celebrar os seus dez anos como grupo. […] Ademais de folk e música tradicional galega, en Dez anos ao vivo hai toques de jazz, de rock ou incluso algún guiño funk. O saber facer de Fia na Roca radica en que tocan todo iso xunto e seguen soando galegos. Algo que, como os discos en directo, tamén é difícil de atopar nos tempos que corren"
Ángel Varela – La Voz de Galicia. 2004.


"Dez anos ao vivo" ("Ten years Alive") gives us the chance of experimenting one of the most seductive experiences in Galician folk and meeting an inspired and extremely creative band."
CdRoots 2004